jam music f

TRADENLIÑA

RAZÓN DE SER

Detrás de TRADENLIÑA, atoparás un equipo que leva formando afeccionados e profesionais no eido da música folk e tradicional dende hai 28 anos. TRADENLIÑA  constitúe unha iniciativa innovadora proxectada para a protección, ensino e difusión da música patrimonial galega, na procura da súa evolución e mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. TRADENLIÑA correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral enfocada ao ensino virtual.

Dende esta óptica, TRADENLIÑA é unha plataforma educativa  que ten por obxectivos tanto o acceso universal á música por parte da cidadanía, sexa cal sexa o nivel de coñecementos do que parte, ata unha formación musical orientada a saídas profesionais no ámbito escénico e educativo.

AS ORIXES

A escola recolle o coñecemento e a experiencia acumulados polo noso mestrado no devir do Conservatorio de Música Tradicional de Vigo, o primeiro destas características creado en Galicia e vixente dende 1996 ata 2007. Os últimos anos baixo o nome de Departamento de Música Tradicional da Escola Municipal de Artes do Concello de Vigo, e da ETRAD, a Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional que leva funcionando ininterrumpidamente dende 2008 ata hoxendía.

Mestres, instrumentos, itinerarios, edades

O ENSINO

A escola conta con 9 mestres* de contrastada traxectoria no panorama pedagóxico e escénico que imparten 9 especialidades instrumentais: Arpa Céltica, Acordeón Diatónico, Canto Popular, Corda Pulsada, Gaita, Percusión Galega, Requinta, Violín e Zanfona. O plan de estudos** da ETRAD busca satisfacer a maior diversidade posible na demanda con dous itinerarios diferentes e complementarios ao tempo. O primeiro pensado para quen comeza dende cero. O segundo para quen procura unha formación musical con alcance profesional no plano escénico e no eido do ensino da música folk e patrimonial. 

A edade para comenzar estudos de instrumento arrinca a partir dos 14 anos.
Os cursos comezan en outubro e rematan en xuño. O periodo de preinscripción vai de xuño a setembro.

image 13 e1721651459462
jam music f

Mestres, instrumentos, itinerarios, edades

TRADENLIÑA EN EUROPA

TRADENLIÑA está en Europa como membro fundador da ENFO (European Network of Folk Orquestras) que conta como socios coa Sibelius Academy de Helsinki, a Asociación TRADALP de Turín, a Royal Scotish Academy of Music and Drama e a Fundación SonDeSeu. A ENFO busca a mellora das experiencias de cada un dos socios a través dunha alianza que propicia un modelo no que o intercambio no eido escénico e educativo como motor fundamental da súa razón de ser. 

TRADENLIÑA TEN ORQUESTRA. SONDESEU*

RESIDENCIAS

TRADENLIÑA ofrece a posibilidade de optar a unha praza de residente para a formación de práctica orquestral na Orquestra Folk SondeSeu fundada no ano 2001 e dirixida na actualidade por Xaquín Xesteira, SDS está composta por 60 músicos formados na súa meirande parte no propio centro, constituíndo a primeira orquestra folk destas característica formadas na península e unha das pioneiras a nivel europeo. SonDeSeu leva publicados cinco Cds.“Beiralúa”, o último saíu publicado en maio do 2018. Teñen visitado os escenarios de cidades como Helsinki, Glasgow, Lorient, Lisboa, Cork, Madrid, Ibiza, Oporto, e lugares e festivais de Italia, Francia, Escocia, Irlanda, Finlandia, resto de España, Portugal, e por suposto, os de Galicia.

Contacto

Enderezo 
Avenida García Barbón 5. 36201 Vigo

Email 
e-trad@vigo.org

Teléfono 
986 228 087

Horario de atención de secretaría 
Lun-Ven 11:00-14:00 y 17:00-20:00