TRADENLIÑA

Xaquin

Xaquín Xesteira

Xaquín Xesteira Entroncado dende neno na música tradicional, tivo como principal mestre ao gaiteiro Nando Casal. Cursou estudios de gaita no que no seu momento era o Conservatorio Superior de Música de Vigo. Participou como gaiteiro e percusionista en varios concertos do grupo MILLADOIRO, e na gravación dos discos «Os Tempos Son Chegados», do grupo NA LÚA, «Sempre e Máis Despois» de FUXAN OS VENTOS, “Albeida” e “Cantos Caucanos” de RODRIGO ROMANÍ, “O Aghinaldo” de MALVELA, “Meniños Cantores” producido por PAI, e “O quiquiriquí” da Asociación de Gaiteiros Galegos.
Foi produtor artístico dos traballos discográficos da AGRUPACIÓN ABERTAL de A Rúa de Valdeorras (Ourense), PEDRAQUETIÑA (Toutón-Mondariz) e CANTIGAS E AGARIMOS (Santiago de Compostela).
Patrono da Fundación Sondeseu e director da OFG SonDeSeu, coordinador das Seccións de Gaita,Percusión e contrabaixo da orquestra. Autor do libro-CD MÉTODO DE GAITA GALEGA I e MÉTODO DE GAITA GALEGA II publicados no ano 2007 por Edicións do Cumio.
Compoñente e cofundador do grupo TREIXADURA con quen ten editado 8 traballos discográficos; e tamén é compoñente do grupo OS FAÍSCAS DE SOLOBEIRA e do grupo de folk-bandístico OS XESTEIRA.
Dendo xuño de 2015 é director do coro CANTIGAS E AGARIMOS, de Santiago de Compostela con quen editou o traballo discográfico titulado O CORAZÓN ABERTO (2018).
Foi mestre de gaita e percusión no Departamento de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios Municipal de Vigo e na actualidade é mestre de gaita na ETRAD (Escola de Música Folk e Tradicional do Concello de Vigo).

Contacto

Enderezo 
Avenida García Barbón 5. 36201 Vigo

Email 
e-trad@vigo.org

Teléfono 
986 228 087

Horario de atención de secretaría 
Lun-Ven 11:00-14:00 y 17:00-20:00