TRADENLIÑA

Carme

Carme López Fernández

Grao en Mestra de Educación Primaria con mención en música (USC), Título Superior de Instrumentos da Música Tradicional e Popular de Galicia (CSMV), Máster en investigación musical (VIU) e a piques de defender a tese de doutoramento: “Compilación, análise e uso didáctico do repertorio vocal acompañado de percusión de man como parte do patrimonio inmaterial galego. Estudo dun caso representativo”, que toma como base o repertorio de Liñares-Avión (UDC). Posúe ademais formación complementaria en ámbitos non regrados en relación a diversos eidos da música tradicional, destacando os estudos de Canto Popular da ETRADVIGO, finalizados no 2022.

Ten traballado como mestra en diferentes escolas e asociacións da provincia de Lugo, na Educación Primaria e, actualmente, é profesora da área de Educación Musical no Departamento de Didácticas Aplicadas da Facultade de CC. da Educación (USC).

Na labor de investigación, a súa liña principal diríxese ás músicas de tradición oral e a súa relación coa etnomusicoloxía e a educación, vinculándose tanto con ámbitos académicos como divulgativos.

No campo da interpretación, forma parte da OFG SondeSeu, Os Minhotos, Raiceira e Carmela. En 2024 publica o seu álbum de debú: Quintela (Warm Winters, 2024), co que recibiu o Premio Martín Códax 2024 na categoría de Música Contemporánea.

Na actualidade é mestra de Canto Popular na ETRAD Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional.

Contacto

Enderezo 
Avenida García Barbón 5. 36201 Vigo

Email 
e-trad@vigo.org

Teléfono 
986 228 087

Horario de atención de secretaría 
Lun-Ven 11:00-14:00 y 17:00-20:00